Coa creación desta Guia , pretendemos acercar ó camiñante a lugares do Courel que non coñeza e guialo para que organice a súa estancia aquí. Dandolle a coñecer Ofertas e indicarlle o que ver segundo os dias dos que dispoña ou que facer en Courel.

Desde a nosa Asociacion damos a nosa opinion ó visitante e acercandoo a noso Concello. Asi mesmo intentar artellar unha malla entre hosteleiros para ben de todos.

A elección de rutas, resposta a que consideramos que están limpas  moitas delas, gustáronnos a nós cando as fixemos etc... Na opción de Que ver puxemos rutas e sitios subxetivamente e só son de maneira orientativa.  Se non puxemos máis foi por falla de tempo e de recursos. Nembergantes hay centos de Rutas e Sitios que non aparecen no guia. O viaxeiro que coñeza a fondo Courel , é posible que se lle quede pequena. Sentímolo pero para expertos no Courel , calquera guía se lle quedará cativa.

Outra parte da web  intentamos dar o noso Rincon preferido e deixamos un enlace para que tí nos poñas o teu . En cada ruta que dispoñemos de mapa con coordenadas , engadímolo para que lle facilite ó camiñante unha ferramenta para que non se perda, xa que a veces as marcas e sendeiros non están todo o claros que deberían. Hay unha guia detallada de como descargalo e usalo no móbil ou gps.

Calqueira dubida ou consulta, Contacta connosco