Queremos propoñerche opcións para que visites o Courel dependendo dos días que teñas, dende un só día ata unha semana completa. Son propostas feitas dende o noso punto de vista e pretendemos con isto que aproveites o teu tempo e coñezas a zona ó mellor posible. 

 


 

Hein d´ir o Pipaxaro i a Boca do Faro

deitarme na Campa da Lucenza nun claro.

Hein d´ir á Devesa da Rogueira i a Donís

ó Rebolo á Pinza i o Chao dos Carrís.

Hein d´ir a Lousada i a Pacios do Señor

a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor

Hein d´ir ó Cebreiro pasar por Liñares

rubir ó Iribio a Cervantes i os Ancares.

Hein d´ir a Cido i o Castro de Brio

baixar i andar pola aurela do río.

Hein d´ir a Ceramo cruzal´o Faro i entón

debrocar para baixo cara Oencia e León.

Hein d´ir a Vales i a Pena da Airexa

i a un eido solo onde ninguén me vexa

                                          Os Eidos, U. Novoneyra

 

 

 


           1 DÍA, 2 DÍAS, 3 DÍAS, 4 DÍAS, 5 DÍAS, 6 DÍAS, 7 DÍAS