O courel non é so un lugar marabilloso para pasear, descansar, comer ben e relaxarte, se non que ten múltiples posibilidades para os deportes de aventura e as actividades de tempo libre.

Aquí queremos mostrarche unha serie de empresas e asociación que ofertan actividades complementarias para que a túa visita ó courel teña tamén un pouco de aventura.

 


 

PIAPAXARO

Empresa que se adica a realizar actividades de tempo libre na Serra do Courel, crean excursións personalizadas para os visitantes que se achegan ó Courel, podendo incluso organizar o viaxe completo, con comidas e aloxamento.

A súa principal oferta está na organización de rutas de sendeirismo guiadas, personalizadas e adaptadas ós visitantes. Organizan tamén cursos e actividades na natureza.

Dirección: Paderne (Folgoso do Courel)

Tf: 687001304

Web: http://www.piapaxaro.com/

 


 TOURGALIA

 
Especializados en:
  • Rutas temáticas guiadas pola natureza para grupos
  • Actividades deportivas para grupos (Rafting, Kaiak, Escalada, BTT......)
  • Turismo activo (rutas arqueolóxicas, etnografía, fotografía, natureza, espeleo, puenting, ....)
  • Excursións escolares e campamentos de verán
  • Eventos deportivos
  • Servicio de autobús
  • Monitores para grupos de escolares
  • Servizo de comedor para grupos
  • Acéptanse mascotas 
Paquete temático Courel Máxico dende 26€ que inclúe: rutas guiadas 2 días, 1 noite, almorzo e bocata, bebida e fruta para as rutas.
 
Coordinador: Guillermo Díaz Aira
 
Telf.: 629323208

 

AVENTURA XTREMA

Empresa de actividades de aventura e turismo activo. Teñen un sen fin de actividades para os máis aventureiros que realizan nas montañas de Lugo e Ourense. No courel teñen varias actividades destacando A Espeleoloxía e o Barranquismo.

Dirección : Monforte de Lemos (Pazo de Tor) e en Ourense (Villamartín)

Tf: 687436361

Web: http://www.aventuraxtrema.es/

 


 

PROAVENTUR

Empresa de turismo de aventura que realiza as súas actividades na Serra do Courel. Con eles podes pasar dende un día a todo unha fin de semana de aventuras facendo esepeleoloxía, canoa raft polo río Lor, barranquismo, sendeirismo...

Tlf: 982435290/ 669 812 659

Web: http://www.proaventur.com

 

Seguinte páxina