O Courel dispón dun milleiro de sendeiros para o camiñante que son un verdadeiro pracer para os sentidos.

Hai camiños para todo o mundo, dende pequenos percorridos de apenas un par de quilómetros ata rutas de longo recorrido que superan os 50 km, uns con pendentes suaves para todos os públicos e outros para sendeiristas expertos. Así podemos dicir que o courel e un pracer para todos aqueles que lles guste disfrutar da natureza e facer deporte o aire libre.

 

En xeral a maioría dos sendeiros atópanse sinalizados e limpos, pero compre sempre consultar coas xentes do lugar posibles incidencias.

               

 

 

 Tamén te podes achegar ó Courel en moto ou coche e percorrer a zona polas súas sinuosas estradas, observando a paisaxe e parando en lugares interesantes. Recorda que se nos visitas deste modo non debes deixar as estradas asfaltadas.

E por último recorda que se ves ó Courel, non deixes lixo no chan, nin fagas desperfectos. A natureza é de todos.