E unha decisión moi difícil para min elixir un lugar preferido de todo o Caurel porque creo que non hai nin un solo recuncho que non me guste.  O Caurel e un espazo único debido a súa xente, os seus paisaxes, ós seus recursos naturais, os pobos que o conforman, cada un distinto de outro... podería estar nomeando virtudes desta terra todo un día pero como teño que elixir quedo con Mercurín.

Outro paseo imprescindible e o que discorre por “O val das mouras”, lugar máxico, como o seu nome indica.  Dende este punto atravesando un sendeiro pasamos polos “Entaladoiros”, grandes bloques de rocha calia que asemellan labirintos. Se seguimos o camiño achegámonos a  “Horta pechada ”, un recuncho encerrado entre grandes pedras e árbores;  non e moi fácil atopar a entrada pero merece a pena pasar un anaco buscándoa so por experimentar a sensación que sinte un alí dentro.Mercurín ten un encanto especial, xa non so pola feitura do pobo en si, se non por todo o que o rodea.  Recomendo a todos os visitantes que non se vaian do Caurel sen dar un paseo polos soutos desta aldea, nos cales parece que o tempo non transcorre, debido a tranquilidade que se respira o contemplar a fermosura dos seus castiñeiros de avanzada idade.

Como Courelá animo a toda a xuventude a que se achegue a dar unha voltiña pola nosa fermosa terra, sexa cal sexa o itinerario,  pero con coidado que o que proba repite.