Turismo Activo
Gastronomía
Aloxamentos
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
Rincón de Óscar
Igual nacendo eiqui , nestas terras non poido dar unha opinión obxectiva de que lugar ou lugares merecen a pena ver; porque cada lugar che aporta unha nova impresión de O courel . Ó igual que non saberia decidir entre a frescura das rutas pegadas os regatos no verán, as innumerables cores do outono e as follas navegando ata o chan, as montañas nevadas e horizontes remarcados do inverno ou o despertar da gran variedade das prantas e arbores na primaveira (temos o 80 % das especies de toda Galicia).
Se ves o Courel non deixes de ver o amencer desde o Taro branco e ver como os carrozos se van enchendo de luz. Se a túa visita e no verán , recomendariache que non te perderas un chapuzon nunha presa que fai o rio Louzara o seu paso por Lousadela. (Esta no medio da ruta entre Valdomir -Seceda). O Bar/Restaurante que recomendo que tampouco te perdas e o Ponton , en Ferreiros de Abaixo, no que hay imnumerables mobles de madeira, cadeiras, mesas etc... feito polo dono a man e con dotes de artista.
O lugar para ver máis impresionante pola altura, veleza do sitio esta entre Penacerbeira e Os Casares, e moi sinxelo de ir coas indicacións que temos nesta web e non che sera facil olvidalo.
Visita a aldea de Cortes, que os seus carreiros estreitos e calmos son unha delicia pasealos e imaxinar outros tempos nos que seguramente estivesen máis recorridos.
Se tes oportunidade e te ves áxil, recomendoche entrar en algunha das decenas de covas e buracas que ten o Courel.
Como os 200km2 non os vas recorrer todos , recomendoche que te guies pola seccion de Que ver , e segun os días que traias elixas. En especial a Cova das Choias. en Visuña e a cova de Taro da Lastra en Mostad.
Aqui tes un video de como chegar a esta última: