PAINTBALL CEREIXA

Se estas no Courel e che apetece pasar unha xornada divertida xogando o paintball entre amigos, a mellor opción é achegarte ata o concello próximo de Pobra de Brollón onde se atopa esta empresa. No inverno so abren as fins de semana e no verán abren todos os días.

Dirección: Estrada de cereixa s/n (Pobra de Brollón)

Tf: 676.163.956

 


 

GALICIA MÁXICA TRAIL

No Courel celébrase, dende xa fai tres anos, unhas das carreiras por montaña de referencia na comunidade autónomo galega, o Ultra Trail Aldeas Do Courel, de máis de 80 km de lonxitude e dous días de duración. Así mesmo para os que non poidan con tanto organizas o mesmo tempo ten lugar un Trail de 35 km de distancia con máis de 2000 m de desnivel acumulado.

Outra proba tamen moi interesante é o Km vertical, subida de pouco menos de 5km con máis de 1000m de desnivel.

Web: http://www.galiciamaxicatrail.com/

 


 

ASOCIACIÓN FONTE DO MILAGRE

É unha das asociacións con máis traxectoria no Courel, leva xa moitos anos organizando, festas e actividades no concello, sobre todo na zona de Froxan. Aparece aquí porque se visitas o concello non está mal botarlle un ollo a súa páxina, xa que en moitas ocasións organiza rutas guiadas, camiñadas nocturnas etc.

Dirección: Froxán (Folgoso do Courel)

Web: http://www.fontedomilagro.org/

 


 

Páxina anterior