Turismo Activo
Gastronomía
Aloxamentos
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
Rincon de Sheila
Pese a ser unha habitante máis de este concello, non é moi difícil terminar unha ruta coa mandíbula desencaixada de tódolos recunchos descoñecidos que te podes atopar. A miña
recomendación de lugares que non te poderías perder; en primeiro lugar a aldea de Cortes, unha volta ó pasado mais enxebre de rúas estreitas e pasadizos que unen unas vivendas con outras.
Dende logo un concepto ben distinto do que hoxe entendemos como “veciñanza”. A aldea de Vilar, un lugar característico, onde podemos ver un museo etnográfico cheo de aparellos que nos retorna ó Courel mais tradicional; ademais esta aldea conta con un castro cunha distribución moi rechamante.
E para os que prefiren o sendeirismo, a ruta do “Pozo das mulas” situada cerca de Ferreirós de Abaixo. A ruta é escarpada e discorre ó pé do rio Lor, no que chama a atención uns grandes bloques de pedra que se atopan no medio o rio. Ten unha fermosa paisaxe nos seus ascensos, dende onde se ve o discorrer do rio. E entre Vieiros e Ferramulin, no medio do monte escondida, que segundo te vas achegando vas oíndo o cada vez maior son que fai a auga ó caer, atópase a “Fervenza de Vieiros” nun entorno paisaxístico inmellorable, no que quedas absorto pola quietude que produce o estar alí.
Pero de todas as recomendacións que se podan facer sobre o Courel, a máis simple e importante non deixa de ser o de desfrutar a paisaxe que nos deixa para chegar a calquera dos recunchos onde vaiamos.