Turismo Activo
Gastronomía
Aloxamentos
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
O rincón de Genma
Ter que elexir un rincón entre as paisaxes e a beleza que rodea o Caurel resultame moi díficil, a pesar de ser unha veciña do Caurel e poder disfrutar todo o tempo libre do que dispoño dos seus lugares, non pensei que existiran sitios tan fermosos e diversos neste rincon da nosa terra galega. se tivera que elexir un destes lugares , un dos que mais me chamou a atención e Froxán, un pobo pertencente a parroquia de San Vicente de Vilamor, próximo o río Lor, restaurado casi por completo, cas súas rúas empedradas, dunha gran beleza,no que tamén podes facer rutas de sendeirismo, un sitio idoneo para disfrutar e desconectar en medio da natureza.
Á entrada do pobo hai unha fonte chamada "fonte do milagre" chamada así polos continuos milagros que se sucedían debido as súas curativas augas. Un pobo que todo aquel que se achegue non se arrepentira de visitar.
Tamén destacaría como uns recunchos moi fermosos a poza das mulas, a do Pontón e Arandainas, cunha paisaxe digna de ver. Un lugar escondido donde se deten o tempo, e podes pasar horas disfrutando dunha beleza inigualable e unha tranquilidade infinita.
A todos aqueles que queirades disfrutar dunha bonita paisaxe, da súa gastronomía, das súas xentes, dos seus fermosos recunchos, recoméndovos que vos acheguedes a esta fermosa terra.