Turismo Activo
Gastronomía
Aloxamentos
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
O rincón de Noe
Responder a esta pregunta resultoume mais complicado do que esperaba, O Courel é magnífico de por si, é moi complicado elixir un lugar e falar sobre el, pero se teño que escoller eu elixo Teixeira, sei que non é a típica aldea turística con casas de pedra restauradas e balcóns de madeira, sen embargo é un lugar con moita vida, con xente traballando no agro, con vacas nos prados, con persoas paseando polos camiños …
En especial gústame o Alto da Forca, dende alí podemos ver a aldea enteira, rodeada de prados limpos e ben coidados. Dende este alto podemos ver un dos paisaxes máis bonitos do outono, cando o Carnabudo (Sorbus auccuparia) ten os seus característios froitos vermellos que fan que todo o monte rubee enchéndose de cor.(pódese ver na 1ª fotografía).
No verán cando ó tempo é máis cálido e as noites son mais claras ver as estrelas dende o Alto da Forca ou dende calquera lugar sen árbores como o Taro Branco ou o Alto da Pedra é unha sensación que quero recomendar a todos os
que veñan, xa que para min é unha das miñas cousas favoritas.
Pasar unha noite mirando cara o ceo, sobre todo se tes a sorte de que coincida unha chuvia de estrelas non se pode describir con palabras.
Tampouco me quero esquecer dos bosques, non quero recomendar ningún en especial, e sen embargo gustaríame falar de todos en xeral. Pasear por unha devesa, por un souto de castiñeiros, ou entre rebolas, abedules, sobreiras, Xardóns ou calquera outra árbore que se vos ocorra axúdache a estar en calma, a relaxarte e a desfrutar da natureza. Creo que un dos meus rincóns favoritos sería un paseo polo medio dunha fresca devesa nos abafantes días de calor do verán.