Se só tes dous días para percorrer o Courel queremos propoñerche que pases un no que lle chaman Courel de arriba (zona de Seoane) e outro en Courel de abaixo (Zona de Folgoso)

Día 1: Comezamos o percorrido na zona de Seoane do Courel e propoñémosche que visites a Devesa da Rogueira (ver 1 día), esta visita pódela facer seguindo ás múltiples posibilidades que che ofrecen as rutas de sendeirismo (ver ruta Devesa da Rogueira), dependendo das túas posibilidades físicas.

Non te podes perder unha visita O Castelo Do Carbedo, construcción medieval que se atopa en ruinas e que pertenceu a orde dos Cabaleiros de Santiago, as vistas sobre o val dende o Castelo son espectaculares.

Aldea de Parada, podes chegar andando se fas a ruta da Devesa da Rogueira, podes ir dende Moreda facendo a ruta de Novoneyra ou en coche, pero é interesante achegarse a esta aldea que foi a aldea natal de Novoneyra e onde viviu durante boa parte da súa vida. Merece a pena pasear un rato polo souto sobre todo no outono as cores e a vida deste paraxe son únicos.

Tes que facer un pequeno paseo polo río, moi recomendable sobre todo en días de moito calor, visitando as Pozas das Mulas (ruta da poza das mulas), zona moi fermosa do río onde hai pequenas fervenzas e zonas de augas máis profundas, todo isto con grandes bloques de rochas calias, que lle dan un aspecto máxico ó lugar.

Para rematar a xornada tómate un descanso ou unha boa cea no Bar O Pontón (ver un día)

Día 2: Percorrer o sur do Courel, Podemos comezar a viaxe no pregamento de Campodola, monumento xeolóxico que merece unha parada. Trátase dunha ondulación da corteza terrestre debido as forzas tectónicas que son visibles debido a erosión e o encaixamento do río Ferreiriño. É un paraxe cun grande interes científico que pode considerarse como único en Galicia. 

Recomendamosche un pequeno paseo desde a Ponte do Xuez á Ferrería (4km ida e volta; 1 hora e media ). Recorda que as rutas para desfrutalas e sentilas non podes ir a todo correr.

Baixa ata Froxán (aldea declarada como Ben de Interese Cultural).  De camiño, pasando  por Valdomir tes unha pinchela na que podes xentar ou merendar. Aquí nesta zona a vexetación é fundamentalmente mediterránea e entre outras árbores podes observar bosques de sobreiras e incluso pegarte un chapuzón na fermosa e última poza que fai o Lor o seu paso por Courel.

Logo visitar Seceda;  volver pola misma estrada ata Vilamor(aquí hay unha casa de turismo rural)  e pasando a aldea dirección Folgoso torce na segunda á Esquerda , pasarás Eiriz e cando comeces a baixar, antes de chegar a aldea de Lousadela, nunha curva de esquerdas , podes aparcar e baixar ata o rio, onde está a mellor poza para bañarse de todo Courel.  Un poza natural que ten forma de praia fluvial , bastante fonda en algun puntos e por enriba cruzaa unha ponte pola que pasa a ruta Valdomir-Froxán. Os máis atrevidos podédesvos bañar neste entorno fermoso que foi escenario de alguns anunciós.

Se segues a estrada chegarás a un cruze que se torces a esquerda chegas á aldea de Cortes. Tes que deixar o coche na parte alta da aldea e baixa dar un paseo polos seus calellóns. Se retornas e en vez de volver para Lousadela segues de frente vas a Seceda (unha aldea, tamén restaurada, con calzadas de pedra e casas tipicas.

 

 


1 DÍA2 DÍAS3 DÍAS, 4 DÍAS, 5 DÍAS6 DÍAS7 DÍAS