Que ver segundo os días
Turismo Activo
Gastronomía
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
Catro días no Courel
Se dispós de catro días as nosas recomendacións son que fagas a proposta de tres días e o cuarto día propoñémosche unha viaxe cara a zona de Visuña. Vale a pena parar no Castelo do
Carbedo, e podes andar polas súas ruinas. Visuña é unha aldea grande, diferente doutras do Courel, que esta separada en tres barrios. Sobre todo destaca un deles, onde as casas están situadas sobre lousas verticais que ocupan parte da aldea. O chegar ó val destacan os seus prados de sega. Seguindo a estrada chegamos a Ferramulín, aldea con casas de pedra e corredores (balcóns onde se secaba o millo) de madeira. Destacamos un deles, suxeito por columnas redondas de pedra Na entrada da aldea hai uns muíños en bo estado que collen a auga do río Selmo.
Seguindo a estrada chegamos A Fervenza de Vieiros, seguramente unha das mais bonitas e espectaculares do Courel, merece a pena facer a ruta de sendeirismo ata ela, que ten ó redor de 2 km (ver rutas de sendeirismo).
Un pouco despois, seguindo a estrada chegaremos ás aldeas de Vieiros e A Seara, esta última restaurada, conservando as casas típicas da Serra. Nesta aldea comezan moitas rutas de sendeirismo para subir ata a Lagoa da Lucenza e a Formigueiros (ver rutas de sendeirismo). Merece a pena achegarse ata a Lagoa (3 km),xa que no camiño pasamos pola Fervenza do Fócaro e percorremos o val glaciar.
Se che quedan folgos sube ver as vistas dende Formigueiros (o Pico máis alto do Courel ) que son impresionantes.
1 DÍA, 2 DÍAS, 3 DÍAS, 4 DÍAS, 5 DÍAS, 6 DÍAS, 7 DÍAS