Se dispós de tres días as nosas recomendacións son que fagas a proposta de 2 días e o terceiro día propoñémosche unha viaxe que comeza na aldea de Mercurín, onde non podes deixar de visitar o seu souto e sobre todo achegarte o Val das Mouras, en busca da Horta Pechada. Trátase dun souto con impresionantes bloques de caliza que converten a ese lugar nun labirinto máxico. A Horta Pechada é unha zona do interior do val, rodeada de bloques de rocha por todo o seu perímetro a excepción dunha pequena entrada, algo difícil de atopar. Temos unha ruta cun mapa que podes descargar, sobre ela.

Na estrada que vai de Seoane con Folgoso, antes da Ferrería vella  a dereita soves para Mercurin e a uns 2 km hay unha zona do monte que describe moi ben Alba no seu rincon preferido:

" Outro paseo imprescindible e o que discorre por “O val das mouras”, lugar máxico, como o seu nome indica.  Dende este punto atravesando un sendeiro pasamos polos “Entaladoiros”, grandes bloques de rocha calia que asemellan labirintos. Se seguimos o camiño achegámonos a  “Horta pechada ”, un recuncho encerrado entre grandes pedras e árbores;  non e moi fácil atopar a entrada pero merece a pena pasar un anaco buscándoa so por experimentar a sensación que sinte un alí dentro.

         Como Courelá animo a toda a xuventude a que se achegue a dar unha voltiña pola nosa fermosa terra, sexa cal sexa o itinerario,  pero con coidado que o que proba repite. 

"

Nesta zona hai moitas covas, polo que unha experiencia interesante é visitar unha delas. Pode ser a Cova das Choias en Visuña, ou a Cova de Mostad, pero sempre é mellor ir acompañados de profesionais con experiencia..

A nosa Recomedacíon a parte de andar e ver, se ves 3 días ó Courel contacta con algunha empresa de Actividades e fai Barranquismo na cascada de Vieiros , Espeloloxia...etc. Senon , podes entrar tí na de Mostad (hay un video indicando como se chega á ela, no Rincón de Óscar desta web) ou na Cova das Choias de Visuña. 

Recorda que entrar a unha cova sempre é un risco e que e mellor ir con profesionais. E sobre todo , deixaa como entraches; non rompas nada.

 


            1 DÍA2 DÍAS3 DÍAS, 4 DÍAS, 5 DÍAS6 DÍAS7 DÍAS