Menu
Turismo Activo
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
RUTA Á ROGUEIRA-Opc 2 e 3
Opción 2
Distancia: 12 km
Dificultade: Alta
Tempo: 4 h
Circular, subida dende a Aula da Natureza cara a Devesa da Rogueira, pasa polas Fontes do Cervo e logo fai a baixada polo monte Cido, pasando polas cabanas de moreda Maior, xa nas proximidades de Moreda.
Esta ruta ten un desnivel moi alto polo que a dificultade e tamén alta.
A Xunta de Galicia ten un roteiro interpretativo que podes descargar na súa páxina. Pulsando aquí
Estas dúas opción son accesibles para persoas con mobilidade reducida durante os 2 km primeiros da ruta .
Opción 3
Distancia: 10 km
Dificultade: Media
Tempo: 3 h
Circular , sae dende o Alto do Couto, pasa pola fonte do Cervo, sube polas campas da lucenza (podes desviarte para ver a lagoa) sube a Formigueiros e logo volve pola pista cara o Alto do Couto.
Esta ruta que ten unha pendente menor, polo que é a mellor opción para persoas con menor forma física ou con nenos, de todos modos compre indicar que hai unha subida bastante forte dende a Fonte do Cervo ata Formigueiros. Se queres visitar a devesa da Rogueira con nenos pequenos o mellor é subir ata as Fontes dende o Alto do Couto e voltar polo mesmo camiño. Aproximadamente 6 km ida e volta (unha hora e media).
Circular 10 km- Saíndo dende o Alto do Couto, pasando pola fonte do Cervo, subindo polas campas da lucenza (podes desviarte para ver a lagoa) subindo a Formigueiros e logos volvendo pola pista cara o Alto do Couto. E a ruta que ten unha pendente menor, polo que é a mellor opción para persoas con menor forma física ou con nenos, de todos modos compre indicar que hai unha subida bastante forte dende as fontes ata formigueiros.