E ben difícil resumir nun só día todo o que o Courel pode aportar o viaxeiro, pero aquí queremos deixarvos dende o noso punto de vista, que non te podes perder se nos visitas e so tes un día para facelo.

A nosa proposta queremos comezala en Seoane do Courel onde colleremos a estrada que nos vai levar ó alto do Couto, aquí comeza o camiño que nos leva o corazón dá Devesa da Rogueira, cremos que se visitas ó Courel non podes perderte un paseo por esta xoia ecolóxica. Unha devesa é un bosque atlántico orientado ó norte. No Courel quedan aínda varios bosques deste tipo (A Devesa de Teixeira, a de Romeor, a da Escrita ou de Paderne…), todas son unha xoia en diversidade de especies de plantas e animais. A devesa da Rogueira cos seus 30 km2 de superficie é unha das máis importantes da serra, na súa parte alta ten unha fonte (A Fonte do Cervo) onde sae auga de dous tipos diferentes, por un lado ven auga clara, que dín que abre o apetito, e por outro lado sae auga vermella debido ó seu grande contido en compoñente ferruxinosos. Esta auga ferruxinosa era empregada pola xente da zona debido as súas propiedades medicinais, que se desprazaban longos kilómetros para ir buscala.

Dende o cimo da Devesa da Rogueira pódese ir andanto ata a Lagoa glaciar da Lucenza e o Monte Formigueiros, que é o cumio mais alto do Courel con 1643 métros.


Pola tarde recomendámosche que te achegues a aldea de
Vilar, alí poderás pasear por unha típica aldea do Courel, e coñer a Xan e o seu museo etnográfico, no que leva anos recollendo pezas e apeiros de todo o courel e onde o seu propietario explica ós visitantes como era a vida nas aldeas. Dende vilar podedes achegarvos ata o Castro de Vilar e ata a Capela, un pequeno paseo de menos dun kilómetro que nos leva a un lugar cunhas vistas privilexiadas sobre o val do río Lor.Despois deste paseo queremos recomendarche que te tomes un descanso no
Bar O Pontón, en Ferreirós da Abaixo, non te podes ir do municipio sen coñecer esta terraza ó lado do río. O seu propietario é un artista da madeira, isto queda reflectido en cada unha das mesas, sillas e adornos que son unha obra de artesanía por si mesmas. Preto deste lugar podes dar un pequeno paseo polo río visitando as Pozas das Mulas (ruta da poza das mulas) e se fai bo tempo incluso te podes dar un bañiño no río, aínda que a auga esta fresquísima. Tamén está moi ben  a ruta  DENDE A FERRERÍA VELLA ATA O PONTÓN DO XUEZ 2km so ida .

 


            1 DÍA2 DÍAS3 DÍAS, 4 DÍAS, 5 DÍAS6 DÍAS7 DÍAS