Que ver segundo os días
Turismo Activo
Ruta de curto percorrido
Gastronomía
Aloxamentos
Rutas en bicicleta
Ven en Moto
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
Sete días no Courel
Para o sétimo día deixamos unha zona que non por que quede para o final e menos interesante. A viaxe comeza na aldea de Teixeira, as vistas dende o Alto da Forca, dende onde se pode ver que é a aldea con máis gando de todo o Concello: os prados sempre limpos e ben coidados, a paisaxe agraria, as vacas nas fincas… Se ves no outono non podes perderte o rubear dos carnabudos (Sorbus aucuparia) no monte, parece que se trate dun cadro e non dunha imaxe real.
Dende alí imos ir cara o Taro Branco, monte de caliza onde sobre todo se te achegas no anoitecer podes ver como se pon o sol sobre todo o Val do Lor. Dende aquí seguimos ata Meiraos e podemos deternos un momento para ver a súa Igrexa, que pertenceu á Orde de Santiago e que foi unha das máis importantes do concello. Destaca os relevos que hai no retablo de músicos portando gaita, zanfona e tambor. Tamén ten pinturas murais no presbiterio.
Dende aquí propoñémosche que vaias cara Paderne, aldea que conserva boa parte das casas tradicionais e que ten moitos negocios de turismo rural. Por aquí pasa a ruta do Val do Río Pequeno, ruta moi completa, debido a que ten zonas de río, pasa por soutos, pola Aldea do Mazo (restaurada para turismo rural), por zonas de caliza e aciñeiras, vai ata a aldea de Mercurín, pasa polo lado do val das Mouras, e pola Ferrería de Seoane.
Merece a pena subir ata a Pedra de Pedrafita do Courel, onde remata o concello de Folgoso e comeza o de Samos, unha zona alta moi recomendable para ver as estrelas en noites claras.
De volta pasa por Seoane e achégate a Ferrería, que non está aberta, pero podes ver polo exterior o gran banzado por onde cae a auga par mover o mazo. Tamén podes ver o exterior do muíño.
1 DÍA, 2 DÍAS, 3 DÍAS, 4 DÍAS, 5 DÍAS, 6 DÍAS, 7 DÍAS