Rutas de longo percorrido
Ruta de curto percorrido
Rutas en bicicleta
Os nosos descontos
Instruccións e condicións de uso
A SEARA- LAGOA DE LUCENZA- FORMIGUEIROS- DEVESA DA ROGUEIRA.
Dende a aldea de A Seara parte unha das rutas máis coñecidas para ascender ata a lagoa da Lucenza, a Formigueiros, a Devesa da Rogueira e logo voltar outra vez Á Seara.
Esta ruta ten varias posibilidades:
Opción 1
Distancia: 6 km (ida e volta)
Dificultade: Media
Tempo: 2 h
Subida dende A seara ata a Lagoa da Lucenza pasando pola Fervenza do Fócaro.
Opción 2
Distancia: 11 km
Dificultade: Media
Tempo: 3,5 h
Circular, subida dende a Seara ata Formigueiros (monte mais alto do Courel con 1643 m) e logo voltar pola Lagoa de Lucenza.
Opción 3
Distancia: 14 km (ida e volta)
Dificultade: Alta
Tempo: 4,5 h
Circular, subida dende a Seara pola Lagoa da Lucenza e volta por Vieiros.
Outras opcións, subindo dende a Seara serían continuar dende Formigueiros ata as Fontes de Rogueira, ir cara o Piapáxaro ou baixar cara Moreda ou cara o Alto do Couto.
Tamén podedes ver o mapa da ruta no blog Rutas Quiroga (http://rutasquiroga.blogspot.com.es/2011/03/ruta-seara-formigueiros-seara-polo-val.html)
A subida a Formigueiros é unha ruta de montaña onde se vai subir o cumio máis alto do Courel, dependendo da época do ano, pode que o camiño non se atope nas mellores condicións, sobre todo no inverno hai que ter coidado, xa que a neve pode dificultar moito a ascensión.
Mapa de Opcion 3:
A subida a Formigueiros é unha ruta de montaña, onde se vai subir o cumio máis alto do Courel, dependendo da época do ano, pode que o camiño non se atope nas mellores condicións, sobre todo no inverno hai que ter coidado, xa que a neve pode dificultar moito a ascensión.