Valoración: 0 / 5

PLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVE

 

 

 

Distancia: 1,5 km

Dificultade: Baixa

Tempo: 30 min

 

 

Ruta lineal de dificultade baixa, estupenda para facer en días de calor, xa que é un paseo moi fresco todo bordeando o río. Ruta boa para facer con nenos, aínda que hai que ter coidado coas baixadas que son bastante perigosas.

 

O sendeiro comeza na estrada que une Folgoso con Seoane, xusto o pasar a aldea de Ferreirós de Abaixo en dirección Seoane, vas atopar na marxe esquerda da estrada unha zona onde poder deixar o coche na que hai escrita nunha pedra en amarelo a distancia a cada unha das pozas. Nese punto comeza un sendeiro que vai pola marxe do río e que te vai levando dunha poza a outra.

É unha ruta corta, dunha gran beleza, sobre todo moi interesante para facer no verán, xa que podes darte un chapuzón no río, aínda que a auga está fresquísima.