Rutas de longo percorrido
Ruta de curto percorrido
Rutas en bicicleta
Os nosos descontos
Instruccións e condicións de uso
RUTA DA FERVENZA DO CACHÓN NO MARCO DO MEDIO MUNDO
Distancia: 0,5 km (so ida)
Dificultade: Media
Tempo: 15 minutos
Paseo moi curto de dificultade media, sobre todo no tramo final, xa que para ver a fervenza hai que pasar por un camiño moi estreito, que da a un precipicio de mais de 20 m de caída, polo que hai que ir con moito coidado.
O camiño non está sinalizado, pero non ten perda, vale a pena xa que as vistas da fervenza e do val do río Lor son espectaculares.
Na estrada que vai dende Romeor (Seoane do Courel) en dirección Zanfoga (Pedrafita do Cebreiro), xusto cando pasas o cruce que colle cara Penacerveira e Sixto hai unha zona para deixar o coche a man esquerda: alí vas ver un filón de rocha cuarcítica que se denomina o Marco do Medio Mundo. Camiñando pola estrada a uns poucos metros de onde deixas o coche vas atopar un camiño a esquerda que baixa cara uns prados que hai no río. Cóllelo ata chegar a segunda curva. Nesa curva, a man esquerda, vas ver unha parede de rocha cuarcítica moi vertical e un pequeno sendeiro moi empinado que te levará ata o cimo dunha pena dende onde podes divisar a Fervenza.
"Penas de Marco de Medio Mundo en ringueleira
Do Candedo ás Moás! "
Uxio Novoneyra.
Camiñando pola estrada a uns poucos metros de onde deixas o coche vas a topar un camiño a esquerda que baixa cara uns prados que hai no río, collelo ata chegar a segunda curva, nesa curva a man esquerda vas ver unha parede de rocha cuarcítica moi vertical e un pequeno sendeiro moi empinado que te levará ata o cimo dunha pena dende onde podes divisar a Fermosa Fervenza e o paraxe que, tranquilamente, a rodea.