Rutas de longo percorrido
Ruta de curto percorrido
Rutas en bicicleta
Os nosos descontos
Instruccións e condicións de uso
RUTA DENDE A FERRERÍA VELLA ATA O PONTÓN DO XUEZ
Distancia: 2 km (so ida)
Dificultade: Baixa
Tempo: 30 min
Este camiño non está sinalizado pero poñémolo aquí porque nos impactou a súa espectacular beleza, vai case todo o tempo por un bosque de ribeira, moi preto do río Lor. Como vai tan cerca
do río é posible que no inverno ou con grandes crecidas do río o camiño non estea practicable.
A mellor maneira de comezar o camiño é dende a Ferrería Nova, alí tes que atravesar a aldea en dirección ó río e cruzalo por unha ponte de cemento. Un pouco despois da ponte hai un
sendeiro que vai a man dereita: a partir de aí xa non hai perda, o camiño sigue sempre recto. Trátase dun sendeiro que vai case sempre seguindo antigas presas de rega dos prados que hai próximos ó río.
O final do sendeiro chegamos a un pontón de madeira en moi bo estado (na metade do camiño hai outra ponte que se atopa case caendo, e pola que non é recomendable cruzar). Aquí podemos cruzar o río e saímos a estrada que vai de Seoane a Folgoso (no km 30 da LU-651). Podemos volver á Ferrería polo
mesmo camiño ou pola Estrada (serían aproximadamente outros 2 km).
Por aquí pasou parte de proba Ultra Trail Aldeas do Courel no ano 2013.