Os nosos descontos

Rincón preferido de...

Distancia: 0,8 km (so ida)

Dificultade: Baixa

Tempo: 30 min

 

A ferrería eólica de Pena da Castra, un monumento único xa que é a unica ferrería destas características atopada ata o de agora.

 

 

Preto do límite entre os municipios da Pobra do Brollón,o Courel e Samos (e preto da Mesa dos catro cabaleiros) encóntrase un dos vestixios más singulares da siderurxia tradicional galega, un monumento que segue sendo coñecido por moi poucas persoas. Trátase da antiga ferrería eólica de Pena da Castra -a única do seu tipo rexistrada ata agora en Galicia-, situada a pouca distancia do chamado Camiño da Vena, unha ruta que enlazaba as minas de ferro da Veneira de Roques, na Pobra do Brollón, coaferrería de Baldomir, no Courel. O lugar non está sinalizado e é difícil de localizar, debido a que a maleza mantén habitualmente pechado o sendeiro que o une co mencionado camiño.

 A paraxe está situada a unha altura de 1.200 metros, a uns tres quilómetros e medio da referida localidade.

A ferrería consiste simplemente nun penedo atravesado dun extremo a outro por un túnel natural. Dentro desta oquedade hai unha grande cantidade de cinza e escorias de ferro que indican que o lugar foi utilizado en tempos para calcinar o mineral. O vento que sopra con forza a través da cavidade servía para avivar o lume. Nas paredes de rocha son moi evidentes as pegadas que deixou o forte calor producido no interior deste forno rupestre. A boca inferior do túnel, considerablemente máis estreita que a entrada oposta, ábrese sobre un barranco de uns trinta metros de altura. 

Un lugar aillado que serviu de refuxio aos pastores de cabras

A existencia da ferrería de Pena da Castra foi case totalmente descoñecida durante moito tempo. A principios da pasada década foi localizada por Carlos Rueda ?colaborador deste xornal? coa axuda de Rodrigo Rivera, un veciño da Veneira de Roques falecido hai varios anos. Rivera, que xa tiña unha idade moi avanzada nesa época, coñecía o lugar por ter utilizado moitas veces este penedo para gorecerse cando pastoreaba cabras pola zona. 

Aínda que o lugar pertence ao municipio de Samos, a maneira máis fácil de acceder a el é desde a Veneira de Roques, unha poboación que conta cunha importante tradición mineira.

 

0.8 km, 00:18:36