Menu
Que ver segundo os días
Turismo Activo
Ruta de curto percorrido
Gastronomía
Aloxamentos
Rutas en bicicleta
Ven en Moto
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
Aristas do Courel (Penaboa-Piapaxaro-Formigueiros)
Distancia: 29,51 km
Dificultade: Alta
Tempo: 12 h
Antes de nada indicar e advertirvos que é unha ruta complexa se non se está afeito a rutas dificiles. Recomendamos non facela se está o chan esbaradizo, chovendo ou nevando. Importante tamén levar comida e auga.
Saindo do colexio de Courel, na Ferrería de Nova; ó pouco pasamos por enriba da Pena do Escribano (din que matarón un escribano por falso ) e seguimos por preto dunha antiga mina de ferro a cal ten dúas saídas, vai a Ferreiros de Abaixo e desde ali subimos a praza de Ferreiros de Arriba , onde combén encher a botella de auga e comezamos a subir a Penaboa pola arista, no cimo está o mirador que se apreza na fotografía , seguimos a Piapaxaro subindo pola arista ó primeiro cume e de alí ás antenas descendendo pola pista hasta o Mallón dende onde vemos a Lagoa da Lucenza.
Atravesamos a devesa saindo a Boca da Rogueira , e collemos un carreiro de novo para continuar polas aristas e subimos o Formigueios , baixamos a Moreda polo monte, que ten tramos desbrozados que non é doado seguir o sendeiro. asi hasta cruzarnos co camiño que ben da devesa o alto do couto , nos seguimos pola arista ata baixar a Moreda ,esta parte de arista é de dificil orientación mentras non estea debrozada de todo .
Dende Moreda collemos o sendeiro R3 do courel que cruza cido ata o colexio de novo.