Valoración: 0 / 5

PLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVEPLG_VOTE_STAR_INACTIVE

 

Distancia: 5 km (so ida)

Dificultade: Baixa

Tempo: 1,5 h

 

Ruta lineal de dificultade media que comeza na aldea de Vilamor, xusto debaixo da igrexa , dende alí parte un camiño que descende cara ó río. Despois de cruzar o río por unha ponte de madeira comeza un ascenso cara a aldea de Vilar, alí hai que coller o camiño cara a Capela de San Roque e desviarse uns metros para ir ó Castro de Vilar que ten unhas vistas espectaculares do val. Dende Vilar o camiño comeza a baixar e volve cruzar ó río antes de chegar a aldea de Froxán.

Dende Froxán hai a posibilidade de voltar ata Vilamor pola estrada, percorrendo unha distancia de 5 km.

 

É unha ruta curta que aínda que ten un pouco de pendente na subida cara Vilar, merece a pena facela con nenos, xa que en Vilar está Xan, un dos poucos habitantes da aldea, que posúe un museo etnográfico, adícase a coidar a aldea,e é un gran sabedor de historias e contos que sempre comparte cos visitantes.

 

            

 

11.7 km, 07:48:23