Que ver segundo os días
Ruta de curto percorrido
Gastronomía
Aloxamentos
Rutas en bicicleta
Ven en Moto
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
RUTA DO RÍO LÓUZARA
Distancia: 7 km (so ida)
Dificultade: Baixa
Tempo: 2 h
Ruta lineal de dificultade baixa que percorre o río Lóuzara entre Lousadela e a súa unión co río Lor no Touzón.
A ruta comeza en Baldomir, pasa polo Touzón, onde cruza o río Lóuzara, e continua bordeando o río cara Lousadela, onde remata a ruta.
Hai que ter en conta nesta ruta que a ponte que cruza o río en Lousadela está en mal estado polo qué é dificil cruzar o río, para poder cruzalo hai que seguir bordeando o río por uns prados ata chegar á estrada.
Esta ruta está pouco transitada polo que é moi importante preguntar antes de comezar a ruta posibles incidencias e o estado actual do sendeiro.
A ruta pódese ampliar camiñando pola estrada ata a aldea de Seceda (que son 4 km).
Ou tamén pódese facer unha ruta circular volvendo dende Lousadela pola estrada que vai a Eiriz e o chegar a esta aldea cóllese o camiño que leva cara Baldomir en total esta ruta circular ten 15 km.