Rutas de longo percorrido
Ruta de curto percorrido
Rutas en bicicleta
Ven en Moto
Os nosos descontos
Instruccións e condicións de uso
Val das Mouras - Horta Pechada
Distancia: 1,3 km
Dificultade: Baixa
Tempo: 30 min
Ruta circular que de dificultade media, non hai moita pendente, pero hai tramos onde hai que subir por riba dunhas rochas e pasar entre zonas estreitas.
O camiño comeza pasando as Casas da Ferrería Vella, na subida á aldea de Mercurín, non hai un sendeiro sinalizado, pero o camiño soe estar bastante pisado polos camiñantes.
O Camiño é un labirinto de rochas calizas que fan deste souto de castiñeiros un lugar que case parece encantado. No medio do souto atópase un lugar chamado a Horta Pechada.
O nome fai referencia a que so hai unha maneira de entrar nese lugar, xa que está completamente rodeado de pedras salvo nun pequeno punto polo que se pode acceder. As coordenadas da Horta son: N 42º 37´ 55,2792" , W 7º9´48,7656
Esta é unha ruta moi recomendable para facer con nenos, ten algunhas zonas con dificultade para acceder pero é un lugar moi fermoso, que parece de conto
Desde a pista de Mercurín o Mapa é este: