Rutas de longo percorrido
Ruta de curto percorrido
Rutas en bicicleta
Os nosos descontos
Instruccións e condicións de uso
RUTA DO CASTRO DA TORRE
Distancia: 13,5 km (ida e volta)
Dificultade: Alta
Tempo: 4 h
Está sinalizada como Ruta 5.
Podes ver máis información e o mapa na web do Acampamento O Courel (http://www.acampamentocaurel.com/senderismo/)
Trátase dunha ruta circular que parte da Ferrería de Seoane, vai ata Mercurín, sigue ata o Castro da Torre, de alí ata Ferreiros de Abaixo e logo de novo a Ferrería seguindo o antigo camiño que ía dende Seoane a Folgoso. Dende Ferreiros ata a Ferrería vai polo mesmo trazado que a Ruta do Lor.
Outra opción para subir ó Castro da Torre, se vas con nenos e non queres facer toda a ruta é subir dende a estrada que vai a Sobredo, hai aproximadamente 300 m de subida e hai que ter coidado co camiño que é bastante pendente e ten bastantes pedras.
Podes ver neste mapa por onde vai o camiño, que coincide cun tramo da ruta que vai dende Folgoso ata O Castro da Torre.