Que ver segundo os días
Ruta de curto percorrido
Gastronomía
Aloxamentos
Rutas en bicicleta
Ven en Moto
Os nosos descontos
Rincón preferido de...
Instruccións e condicións de uso
RUTA DO PIAPÁXARO
Distancia: 19 km (so ida)
Dificultade: Alta
Tempo: 6 h
É unha ruta circular de dificultade alta, onde subiremos por unha pista forestal ata o cumio do monte Piapáxaro, o segundo en altura do Courel (1610 m). Non esta sinalizada pero é moi difícil perderse xa que consiste en subir seguindo unha pista sen desviarse.
A Pista de acceso sae do pobo de Folgoso, sube o cumio do monte e baixa por outra pista forestal, que nos leva ata Folgoso por un camiño diferente.
Dende o cumio do monte tamén se pode acceder polos cumios ata o Formigueiros (6 km), e logo coller a ruta da Seara ou a do Alto do Couto. Outra opción é ir cara Formigueiros e antes de chegar ó pico desviarse cara o Mirador de Polín e baixar ata Ferreirós de Arriba e logo a Ferreirós de Abaixo. Se fas a ruta dende aquí a distancia total é de 24 km, 8 h de duración.
Esta é unha ruta de montaña que non sempre está nas mellores condicións para transitar por ela, compre sempre preguntar a xente do lugar como esta o camiño. Tamén hai que ter en conta que nos cumios a néboa non che permite orientarte, isto fai que sexa moi perigosa, polo que non se recomenda camiñar nestas condicións.