Rutas de longo percorrido
Ruta de curto percorrido
Rutas en bicicleta
Ven en Moto
Os nosos descontos
Instruccións e condicións de uso
RUTA DOS SEQUEIROS DE MOSTAD
Dificultade: Baixa
Distancia: 6,5 km
Tempo: 2 h
Ruta sinalizada como Ruta 2 que se correspondese en boa parte coa Ruta do Río Lor.
Debido as súas características é unha boa ruta para facer con nenos.
Esta ruta é de tipo circular e comeza na igrexa de Esperante, dende alí imos
subindo cara a aldea de Esperante e logo por un sendeiro chegamos preto da aldea de Mostad, onde atopamos un extenso souto cunha grande concentración de sequeiros, agora temos que descender cara o Pontón de García e logo seguiremos un sendeiro pegadiño o río que nos volve levar a Igrexa de Esperante.
Dende a aldea de Mostad ata os sequeiros, se non chove (e polo tanto o camiño non está embarrado) está ruta tamén a poden facer persoas con mobilidade reducida.
Durante este paseo, pódese contemplar algun vello castiñeiro descansando sobre as paredes de algún sequeiro sen teito que se resisten a caer.
Abaixo tendes unha ruta descargable .